Cartel II Foro de Turismo

 2ª edición deste evento formativo, de carácter gratuito, que se dirixe aos empresarios do sector turístico e do comercio de Ferrol e bisbarras, así como a asociacións empresariais da zona. #forturmark ten como obxectivo mostrar as innovacións e boas prácticas de Marketing e Comunicación que desenvolven as empresas máis potentes e ensinar cómo os pequenos empresarios locais poden empregalas, adaptándoas ás características do seu negocio ao menor coste posible ou a custo 0, gracias á tecnoloxía.

A cita será no Parador de Ferrol e o formato do evento é o seguinte:

– Tardes do 20 ao 22, en horario de 17:00 a 20:00 h.: ponencias e cursos con actividades de interacción cos participantes.

-Mañás dos días 21 e 22, en horario de 10:00 a 14:00: consultorías/formacións individualizadas a empresas para analizar a súa presenza en Google e mellorala a través da súa xeolocalización e nas redes sociais, así como propostas para elaborar un plan de mellora.

O prazo de inscripción está xa aberto, tanto para as sesións formativas da tarde (40 prazas) como para as consultorías individualizadas de presenza en redes sociais e en Google os días 21 e 22 (25-30 minutos e mediante cita previa).

Para inscribirse ás sesións da tarde hai que enviar un email a turismo@ferrol.es indicando nome, empresa, dirección.
Para las consultorías individuais email indicando os datos anteriores máis o horario desexado (sempre que haxa disponibilidade) ou no teléfono 981944337.

(Remitido por Sociedade Mixta de turismo de Ferrol).

El lunes y martes de la semana que viene se desarrollarán en el hotel Carrís Almirante de Ferrol dos masterclass diferentes, dirigida al sector de la hostelería de Ferrol, bajo el título de “NOVAS TENDECIAS NA HOSTALARÍA E DEMANDAS DO CLIENTE ACTUAL”.

El horario será de 17:00 a 20:00 h.

Los interesados se puedan inscribir en el email turismo@ferrol.es  hasta las 14:00 h. del lunes 6 de junio, indicando nombre completo, establecimiento y localidad. Las plazas son limitadas (25) y las solicitudes se atenderán por orden de inscripción.

El programa de las formaciones viene en el cartel adjunto.

Esta actividad formativa se engloba dentro del convenio de colaboración de la Diputación Provincial de A Coruña y el Concello de Ferrol  “Plan de Competitividade Turística 2015”.

Se ruega difusión sobre este proyecto formativo, cuyo fin último es  que los establecimientos de Ferrol cuenten con una oferta gastronómica lo más competitiva posible, adaptada a las necesidades de los clientes y tendencias actuales, primando siempre la calidad.

CARTEL_MASTERCLASS_HOSTALARIA

O 20º Salón da alimentación do Atlántico (SALIMAT) e a Turexpo, feira de Turismo de Galicia, que se vai a celebrar do 9 ao 12 de xuño de 2016 en Silleda, no marco da Semana Verde (39 Feria Internacional Semana Verde de Galicia). Este evento engloba, en distintos pavillóns, diferentes mostras e actividades ademáis das mencionadas.

Salimat trátase dun encontro entre profesionais do sector alimentario e gastronómico e máis o público, co obxectivo de poñer en contacto a distribuidores, empresas e consumidores finais, así como Turexpo é unha feira de promoción e difusión dos recursos do territorio.

Por ese motivo convidamos as empresas a que participen na feira, para mostrar os seus produtos tanto ao público como a empresas que poidan estar interesadas tanto na distribución como na compra do que manufacturen.

Tamén existe a opción de cociñar alí os seus productos como de xestionar encontros comerciais entre profesionais.

Deputación pon a disposición das empresas un stand 24m2 como escaparate comercial dentro da feira de turismo. De ser así poñédevos (ou que se poñan elas directamente) en contacto conosco a través do correo turismo.industrial@dacoruna.gal ou nos teléfonos 981 080 383 e 981 080 753.

Ao longo do mes de maio terán lugar os cursos do PLAN DE FORMACIÓN DO CAMIÑO DE SANTIAGO organizados polo  CSHG, a través da Escola de Turismo Itinerante.

O obxectivo destes cursos é a mellora do nivel de profesionalización do sector a través de cursos enfocados á atención ao peregrino e a súa experiencia en Galicia.

Os cursos son totalmente gratuítos e de prazas limitadas polo que é importante que se ten interese en inscribirse faga chegar a súa preinscrición canto antes.

No PDF adxunto atópase a información dos cursos, as datas, os contidos así como os links directos aos formularios de pre-inscrición para cada un deles. Tamén pódese facer a través do correo electrónico ou teléfono que ven ao pé do PDF.

PLAN DE FORMACIÓN NO CAMIÑO DE SANTIAGO

Semana do 2 ao 6 de maio e da semana do 23 ao 27 de maio

En breve iniciarase o Proxecto Anfitrións, PLAN DE FORMACIÓN PRESENCIAL CULTURA DO DETALLE que desde a Secretaría de Estado de Turismo de España, coa colaboración desde a Axencia Turismo de Galicia, está a impulsarse para mellorar o valor ofrecido ao turista que visita o noso destino.
Devandito proxecto enmárcase dentro das actuacións contempladas no Plan de Turismo Español Horizonte 2020, dirixidas a diferenciar e potenciar a personalidade e o posicionamento de España como destino turístico de primeira orde.
No presente proxecto impartiranse cursos de formación dirixidos a estimular aos profesionais turísticos acerca de coñecementos e técnicas para a mellora da execución e a xestión da atención ao cliente no marco das súas organizacións. Os cursos terán unha duración de 4 horas cada un e impartiranse un total de 20 cursos de temáticas distintas.
Os cursos realizaranse ao longo da semana do 2 ao 6 de maio e da semana do 23 ao 27 de maio de 2016. Ao final da carta indicámoslles os temas dos cursos, datas e horarios de cada un.
O perfil do alumno é o dun profesional en activo do sector turístico que está en contacto co cliente e o de mandos intermedios e propietarios que teñen ao seu cargo persoal en contacto co cliente. Trátase por tanto de profesionais que atenden a visitantes da zona e arredores de calquera sector.
Cada profesional pode apuntarse ao número de sesións que queira e pódense apuntar varias persoas dunha mesma organización.

PARA INSCRICIÓNS

Para poderse inscribir aos cursos pode: 1. Teléfono: poden solicitar máis información e inscribirse a través do teléfono 666 412 521 (persoa de contacto: Ricard Edo), en horario de 10:00 – 14:00 e de 16:00 – 18:00. 2. Correo electrónico: Para apuntarse aos cursos pode enviar un correo electrónico á seguinte dirección: areacalidad@minetur.es

Programa Cursos Anfitriones Galicia 2016_gal

Catalogo de sesiones formacion 2016

Ficha Inscripción Cursos Anfitriones Galicia 2016

logo costa das ondas

O xeodestino Ferrolterra – Rías Altas presentou días atrás as accións de promoción turística desenvolvidas durante o ano 2015.

Un dos eixos nos que se traballou foi no estudo de situación do sector vencellado ao surf, tanto directa como indirectamente (chamados surf friendly). Nos resultados presentados se detallaron máis de medio centenar de accións a desenvolver a futuro, se ben xa quedaba realizada a primeira delas: o nome do produto turístico de surf e a súa imaxe de marca.

Baixo o nome de A Costa das Ondas se pretende evocar un dos principais factores diferenciais que posúe o destino Ferrolterra – Rías Altas: ondas para surfear os 365 días do ano.

Ler informe completo

imaxe do ferrolterrablogtripBlogueiros de viaxes visitan o destino Ferrolterra-Rías Altas para descubrir o Turismo Industrial gracias a un “blogtrip” organizado pola Mancomunidade de Concellos da Comarca de Ferrol

  • Os 6 participantes, procedentes de Galicia e de outros puntos de España, contan con algúns dos blogs de viaxes máis influintes, tanto a nivel autonómico, como estatal.
  • O blogtrip, que terá lugar entre os días 2 e 4 de outubro, incluirá diferentes rutas nas que os blogueiros terán a oportunidade de visitar industrias tradicionais e punteiras, ademáis de coñecer o patrimonio histórico e natural da comarca.

Promover o Turismo Industrial como nova alternativa dentro da oferta turística do noso país. Ese é o obxectivo da Mancomunidade de Concellos da Comarca de Ferrol que, entre os días 2 e 4 de outubro, organiza un blogtrip que contará coa participación de 4 blogueiros galegos e 2 pertencentes a medios estatáis.

Os participantes da viaxe foron elexidos precisamente por contar cun amplio número de lectores nas súas respectivas bitácoras, así como numerosos seguidores nas redes sociais. Estos medios serán os empregados polos blogueiros para plasmar a súa experiencia a través dos hashtags #FerrolterraBlogTrip e #TurismoIndustrial.

Se as redes sociais contan cun importante papel como canles de comunicación, marketing e promoción, isto se incrementa no caso do sector turístico, onde as comunidades de viaxeiros e blogs de viaxes funcionan como fontes de información e como prescriptores de diferentes destinos.

Con esta innovadora iniciativa, a Mancomunidade de Concellos da Comarca de Ferrol pretende chamar a atención sobre os amplios recursos de Turismo Industrial cos que conta a súa comarca e que xa están a ser postos en valor desde fai tiempo coa creación de diferentes rutas especializadas.

No #FerrolterraBlogtrip, os participantes terán a oportunidade de vivir a experiencia industrial de primera man con rutas como a Ruta da Construcción Naval, a Ruta do Pan de Neda ou a Ruta Conserveira, ademáis de visitar algúns dos enclaves naturáis e históricos máis destacados do destino.

A Sociedade Mixta de Turismo de Ferrol promoveu a organización para o mércores 30 de setembro dun taller gratuíto de “storytelling”, no marco do proxecto de calidade turística SICTED.

O “storytelling” é unha técnica que consiste no uso de relatos para a comunicación comercial de empresas e destinos turísticos e que na actualidade está a ser moi empregada. O taller será impartido por David Mora, experto consultor turístico, ponente habitual en eventos de carácter turístico e director do Master de Turismo na Universidade Europea de Madrid.

O taller terá un carácter moi práctico, coa exhibición de diversos vídeos explicativos dos diferentes conceptos, en torno a ideas como a creación de valor a través da narración corporativa, as posibles aplicacións do “storytelling” para a comunicación turística ou a creación de relatos convincentes para empresas e destinos de turismo.

A cita terá lugar o mércores ás 16:00 horas no Hotel Carrís Almirante. Aínda que teñen prioridade as empresas participantes no SICTED hai prazas libres para todos aqueles que estean interesados en anotarse. O poderán facer antes da unha da tarde do mércores a través de correo electrónico na dirección mlopezturismo@ferrol.es, indicando nome, empresa/profesión e cidade de referencia.

O SICTED é un proxecto de mellora da calidade dos destinos turísticos promovido pola Secretaría de Estado de Turismo co apoio da Federación Española de Municipios e Provincias e que traballa con empresas e servicios de ata 32 oficios diferentes, co obxectivo de mellorar a experiencia e a satisfacción do turista.

Ferrol leva catro anos traballando neste proxecto. Na actualidade, son 34 as empresas e institucións da cidade que participan.

imaxe centro de negocios arena76O plan de turismo de Ferrolterra, en virtude do convenio coa Mancomunidade de Concellos da Comarca de Ferrol e a Axencia Turismo de Galicia, convocará unha serie de encontros orientados ás novas tecnoloxías aplicadas ás empresas do sector turístico.

Buscarase poñer de manifesto a importancia das tecnoloxías da información e a comunicación (TICs) nas empresas do sector turístico de Ferrolterra mediante unha xornada sen custo algún por participar.

Esta primeira xornada está pensada para empresas ou entidades vinculadas ao turismo na comarca de Ferrol e repetirase nas vindeiras semanas para as empresas das comarcas de Eume e Ortegal.

Este encontro non deben ser unha simple enumeración de vantaxes das TICs e presentación de ferramentas online á disposición dos negocios.

O que se pretende tamén é dotar aos empresarios/as da comarca dos coñecementos necesarios para buscar proveedores de servizos TIC e saberescoller a proposta máis beneficiosa en función das súas características e das do seu negocio.

Para iso, trataremos de analizar nesta xornada a presenza en internet e nas redes sociais de 5 negocios participantes nas mesmas. Deste xeito, daremos aplicación inmediata dos contidos teóricos mediante o analise de casos próximos, coñecidos e de forma comprensible.

Abordaremos, entre outras, cuestións como a importancia dunha imaxe homoxénea do negocio, a web adaptada a móbiles ou tables, plataformas de promoción do noso negocio (Tripadvisor, Atrápalo, Minube, Trivago…)

Ao finalizar a xornada:
– comprenderedes os beneficios que vos poden aportar as TICs.
coñeceredes suficientemente cada alternativa para poder decidir en que opciónsinvertir os vosos recursos e o voso tempo.
– comprenderedes os erros habituais que soemos cometer e cales son as mellores opcións para corrixilos.

O encontro terá lugar o vindeiro mércores 23 de setembro no centro de negocios Arena76 (zona Odeón)
Lugar: Sala de Xuntas do Centro de Negocios Arena76
Horario: de 17:00 a 21:30
Custe: de balde, xa que é unha acción cofinanciada con fondos FEDER en convenio coa Xunta de Galicia.

Para confirmar asistencia ou máis información, contactar con coordinacion@turismoferrolterra.es ou chamar ao 698 181 717.